Sairon as lentellas de primeiro,
un pouco subidiñas de picante,
mais a fame que había e bó talante
metéronnas axiña no pandeiro.
Presentounos despois o cociñeiro
unha carne suave coma un guante,
con pataca cocida e abundante,
chamada por aí carne o caldeiro.
Un rico flan nos ven de sobremesa.
Todos disfrutan desta larpeirada
tremente, doce, amarela, espesa.
E agora os sete, darredor da mesa,
entonan a cantata acostumada
gozando, a modo, de vagar, sin presa…

